Cabanas
O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo), organiza a Tarde do Porco de Pedra este sábado, 29 de novembro, que será o último día da programación desde ano 2025.
As actividades comezarán ás 18:00 horas con Ofrendas teatreiras e diálogos co Porco de Pedra dos Andrade. Ás 19:00 horas actuarán os artistas convidados: X.H. Rivadulla Corcón, con O porco Vladimir e outras historias e Anxo Moure, con Pés de lobo. E ás 20:30 horas haberá un concerto de Erikas e Peluxías, con Ugía Pedreira
A entrada é de balde.
O Teatro das Cortes, que está na parroquia vicedense de Cabanas, acollerá o día 24 de maio o Sábado das Letras Cantareiras.
As actividades, con entrada de balde, comezarán ás 18:00 horas cun recital aberto e actuación do grupo As Faíscas, da asociación Os do 21, do Vicedo. E ás 20:00 horas haberá unha actuación da compañía Talía Teatro, que ofrecerá o espectáculo Bicos con lingua.
Da organización desta xornada encárgase a asociación cultural Volta e Dalle.




