Xunta

24/02/2026

A Xunta de Galicia anuncia que o Centro Sociocomunitario de Mondoñedo, dependente de Consellería de Política Social e Igualdade, acolle estas semanas sesións de cinema, dous obradoiros de baile gratuítos e unha xornada informativa sobre o uso axeitado dos medicamentos.

Todas as exhibicións cinematográficas comezan ás 17:00 horas. Os próximos títulos que se proxectarán son a produción arxentina-española El Cuento de las Comadrejas, de Juan José Campanella -o luns 2 de marzo-; o documental En todas as mans, sobre os montes veciñais en man común, da cineasta de Redondela Diana Toucedo, -o mércores día 4-; Barbie (EEUU), dirixida por Greta Gerwig  -o luns 9-; o filme francés Delicioso, de Éric Besnard -o mércores 11-; e a película Asuntos de familia, de Maha Haj, que se proxectará o luns 16.

... leer más
12/07/2025

A  Xunta de Galicia renova un ano máis a súa colaboración coa Feira do Bonito de Burela, que celebra a súa 39ª edición os días 2 e 3 de agosto. A cita, organizada pola Sociedade Cultural e Recreativa Ledicia, está declarada de Interese Turístico Nacional.

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou no acto no que se deu a coñecer o programa, que incluirá un concerto do cantante e compositor asturiano Enol, patrocinado en exclusiva polo Goberno galego. A actuación será o sábado 2 ás 23,00 horas na explanada portuaria. O artista recalará en Burela no marco da xira de presentación do seu novo traballo, Una casa con jardín, coa que está a percorrer escenarios de toda España.

A programación deste ano inclúe o V Tapeo Bonito polos establecementos de hostalería participantes, do 17 ao 19 de...

leer más