Pakolas

24/08/2025

O vindeiro martes, 26 de agosto, ás 12 horas, o centro sociocultural de San Cosme de Barreiros acollerá unha actuación familiar a cargo de Pakolas e a debuxante Laura Romero. O espectáculo, titulado Ecoralia, canta, conta e debuxa, preséntase como un show de gran interacción coas nenas e nenos, no que a música de Pakolas acompañada por contos, historias e as cores dos debuxos en directo de Laura Romero son o principal atractivo para o público.

O Concello de Barreiros anuncia que “esta proposta multidisciplinar crea así unha escena na que non só se pode gozar da música senón tamén do debuxo e as cores que a rodean. Un espectáculo para todos os sentidos”.

Esta actuación enmárcase no programa Cultura no Camiño da Xunta de Galicia e no Plan de Cooperación cos Concellos da Deputación de Lugo.

... leer más