banca dixital
O Concello de Burela pon en marcha dúas novas accións formativas do programa #YoConecto, impulsado pola Fundación Cibervoluntarios en colaboración co Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública.
“Os cursos, totalmente gratuítos, teñen como obxectivo mellorar as competencias dixitais da veciñanza, fomentar un uso seguro das novas tecnoloxías e reducir a fenda dixital entre xeracións. O primeiro deles, baixo o título Seguridade: protexe o teu mundo dixital, está dirixido a persoas de ata 59 anos e desenvolverase do 24 ao 27 de novembro, en horario de 17:00 a 20:00 horas, na Aula CeMIT do Centro de Formación Ocupacional. O segundo curso, A túa banca dixital: compras seguras en liña, está orientado a persoas a partir dos 60 anos e terá lugar do 1 ao 4 de decembro, tamén en horario de 17:00 a 20:00...
leer másA Aula CeMIT do Vicedo organiza un curso sobre banca dixital que se desenvolverá os días 16 e 23 de outubro e 6 de novembro, xoves, de 17:30 a 20:00 horas.
Haberá tres bloques formativos diferenciados: seguridade (temas relacionados con ciberseguridade, noticias falsas, timos, fishing, etcétera); práctico banco online (uso da banca no móbil e no ordenador, pagos, etcétera) e práctico caixeiros (uso do caixeiro automático).
As inscricións poden facerse a través do teléfono 982.59.01.95, do correo electrónico cemit.ovicedo@xunta.gal, de forma privada nas distintas redes sociais ou de maneira presencial na Casa da Cultura Aula CeMIT do Vicedo.




