feminina
O Concello de Viveiro impartirá o vindeiro 25 de setembro un curso de defensa persoal feminina na Casa do Forno, en Celeiro, unha actividade “orientada a proporcionar ás participantes ferramentas e protocolos de actuación ante diferentes situacións de violencia de xénero”.
A iniciativa desenvolverase no marco do Acordo de Colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) para a conformación dunha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero.
O curso terá lugar en horario de 10:00 a 13:00 horas e de 14:00 a 20:00 horas e será impartido por persoal especialista en defensa persoal.
O Concello de Viveiro tamén explica que “a formación combinará o adestramento físico e psíquico co obxectivo de...
leer másO Concello de Ourol, no marco do acordo de colaboración da Consellería de Política Social e Igualdade coa Federación Galega de Municipios e Provincias, organiza un curso de defensa persoal feminina dirixido a mulleres e mozas. Levarase a cabo o día 25 de outubro (sábado) ás 10:00 horas no Centro Social de Merille.
“A este curso poden asistir todas as mulleres maiores de 18 anos independentemente da súa condición física. Trataranse contidos tanto teóricos como prácticos que axuden non só a defenderse senón a identificar sinais de perigo e actuar de xeito preventivo para lograr anticiparse e evitar unha situación de risco. O curso impartirase por monitores e monitoras especialistas en defensa persoal e integrantes da Federación Galega de Loita. Para anotarte podes chamar ó Departamento de Servizos Sociais (Teléfonos 982.55.91.09 e 677.48.94....
leer más




