Vidal
O Concello de Trabada continúa coa súa aposta polo sendeirismo e a posta en valor do patrimonio natural e paisaxístico do municipio a través do programa Coñece Trabada. Neste marco anúnciase unha nova ruta a pé que terá lugar o domingo 9 de novembro, con saída desde Vidal e chegada a Trabada.
A actividade contará cun percorrido de 8,6 quilómetros e unha dificultade media, polo que “resulta axeitada para un amplo abano de participantes”. O prezo de inscrición é de 8 euros por persoa e inclúe o desprazamento en autobús desde a Praza do Concello de Trabada, con saída ás 11:00 horas, así como o xantar no pavillón municipal ao rematar a ruta.
As persoas interesadas poderán inscribirse ata o 6 de novembro nas oficinas municipais ou chamando ao teléfono 982.135.011.
Por motivos de...
leer más



