Día do Pai

Etiquetas:
18/03/2026

Acisa Ribadeo ten en marcha dúas campañas: a do Día do Pai que se desenvolve do 12 ao 25 de marzo, e os San Patrick’s Days do 13 ao 22 de marzo.

A súa presidenta, Carmen Cruzado, anima “a mercar no comercio local para o Día do Pai, San Xosé, as Pepas. En Ribadeo atoparedes todo o que precisades para sorprender nesta data tan especial. Para premiar a vosa fidelidade imos sortear catro premios: dúas visitas guiadas a Bodegas Docampo, en Ribadavia, para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, e dous almorzos en Mareta, en Ribadeo. As persoas que durante este período de tempo realicen as súas compras poderán cubrir as papeletas para entrar no sorteo, que será non presencial e que terá lugar o día 26 deste mes nas instalacións de Acisa, entre todas as rifas cubertas polos clientes que mercaran no comercio asociado...

leer más
Etiquetas:
11/03/2026

Agasalla a Papa con Acisa é a campaña que a Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo desenvolverá do 12 ao 25 de marzo. Acisa sorteará catro premios: dúas visitas guiadas a Bodegas Docampo en Ribadavia para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, e dous almorzos no gastrobar ribadense Mareta.

A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, dixo: “presentamos unha nova edición da campaña do dia do pai na que imos sortear dúas visitas guiadas a Bodegas Docampo, en Ribadavia, para dúas persoas con aloxamento dunha noite no seu Hotel Pazo Carballo, e dous almorzos en Mareta, en Ribadeo. Queremos que as persoas afortunadas celebren dun xeito especial o día do pai, que tamén é o día dos Pepes e das Pepitas”. Cruzado Iglesias subliñou que “para agasallar nesta data xa saben que poden...

leer más
Etiquetas:
09/03/2026

A Asociación de Comerciantes Centro Histórico de Viveiro (CCHV) pon en marcha unha nova campaña de dinamización comercial con motivo do Día do Pai, baixo o lema A semana de papá, “unha iniciativa pensada para premiar a fidelidade da clientela e incentivar as compras no comercio local. A campaña desenvolverase do xoves 12 ao mércores 18 de marzo e consistirá no sorteo dun premio sorpresa cada día entre as persoas usuarias da App ViveiroCCH. Cada premio diario está valorado en 200 euros, polo que serán un total de 1.200 euros en premios”.

O CCHV explica que “durante toda a semana, quen realice compras nos establecementos asociados poderá participar no sorteo a través da aplicación, optando así a gañar un premio diario que se dará a coñecer cada xornada. Con esta acción, o Centro Comercial Histórico busca dinamizar a actividade...

leer más