preestrea
O día 22 de novembro, domingo, Burela será o escenario da preestrea de Fomos Ficando Sós, o novo documental do cineasta burelao Adrián Canoura, “unha obra que afonda na memoria mariñeira a través dunha historia familiar marcada polo mar, a ausencia e o vínculo entre dúas xeracións”, explica a Fundación Expomar, que engade: “a película parte das gravacións domésticas que Raúl Canoura, pai do director e mariñeiro, realizou en 1991 a bordo do Raúl Primero, o barco co que iniciaba unha nova etapa profesional. Máis de tres décadas despois, en 2023, Adrián embarca rumbo ao Gran Sol para percorrer de novo ese mesmo territorio e achegarse á vida do seu pai, reconstruíndo unha historia compartida a través das imaxes do pasado e da experiencia presente. Con materiais de arquivo, imaxes actuais e experimentación audiovisual, o filme constrúe un retrato íntimo e...
leer más



