A Mariña lucense, protagonista da sexta edición da Gala Lucus Moda, que se celebrará o 16 de abril no Círculo das Artes en Lugo.

A Mariña lucense, protagonista da sexta edición da Gala Lucus Moda, que se celebrará o 16 de abril no Círculo das Artes en Lugo.
 
A Vicepresidenta Segunda, Lara Méndez, e a Deputada de Deseño e Artesanía, Regina Polín, presentaron, nun acto que tivo lugar este xoves na Capela de Santa María, a Gala Lvcvs Moda 2015, que terá lugar no Círculo das Artes de Lugo, o vindeiro día 16 de abril ás 21:00 horas. Nesta ocasión, o evento, que volta a ser benéfico, está dedicado á Mariña lucense, deixando patente, unha vez máis, o apoio das institucións á riqueza natural e patrimonial da provincia, e impulsando o turismo neste enclave natural. 
Méndez e Polín estiveron acompañadas por Eduardo Souto, Presidente da Asociación Provincial de Empresarios de Peluquería, Estética y Afines Pelirroja, colectivo que, tal e como fixo o ano pasado, organiza esta iniciativa, que puxeron en marcha Deputación e Concello de Lugo cinco anos atrás. Ambas as dúas administracións continúan colaborando e patrocinando este evento, que é de carácter benéfico, pois todo o recadado coa venda de entradas irá destinado, integramente, ao Fogar do Transeúnte da capital luguesa.
A presentación da Gala tamén contou coa presenza de profesionais do deseño, moda, artesanía e imaxe que tomarán parte no evento, cuxo interese é a razón fundamental para a continuidade da Lvcvs Moda, xa que esta pasarela tense revelado como un importante factor de xeración de riqueza e creación de postos de traballo no sector.
Deseñadores, artesáns e expertos en imaxe
Na Gala Lvcvs Moda 2015 participarán 6 deseñadores: Luis Areñas; Manuel Bolaño; María Tacón; Montse Arias, Tina Cortón e Chicadecanela. As 16 firmas de artesanía de toda a provincia son Azaia; Beatriz Valín; Carmen López; Cecilia Carballo; Cestería Viva; Corazóns Artesáns; Jara Rodríguez; M&N; Obradoiro en Lá; Yan Llan, Paula Dimé; Rappa Taller; Sra. María; Vidal Revilla, Amalgama e Traxandaina, que presentarán os seus traballos de xoiería, cestaría, téxtil, coiro e outros complementos. Os asistentes tamén poderán desfrutar do espectáculo que ofrecerán as 9 peluquerías presentes: Eduardo Souto Peluqueros; Miriam Souto Peluqueros; Mohama Peluqueros; Avalon Peluqueros; O Baúl da Beleza; Marta Campo; Meyva Peluqueros; Vanessa Martínez Estilistas e Blanco y Negro Peluqueros. Todos eles amosarán os seus traballos de maquillaxe e peiteados. 
Nesta Gala Lvcvs Moda 2015 son moitos negocios lucenses que prestan a súa colaboración, xa que supón unha imporante vía de promoción dos seus negocios. Son 10 as firmas colaboradoras: Dick&Paul; Cuplé; IES Muralla Romana; Janeiro Floristería; Lolita Blu; Lucus Piel Peletería; Marcos Peón, M&N Joyas; Messalina e Modesto Santa Eularia. 
Así pois, o vindeiro día 16 de abril, ás 21:00 horas, no Círculo das Artes, os lucenses teñen unha nova cita con estes 6 deseñadores, 16 artesáns e 9 profesionais da imaxe e a estética, que atraerán a atención dos medios de comunicación, como en anteriores ocasións. De feito, os que non teñan a oportunidade de ver este gala en vivo poderán facelo posteriormente nas súas casas, posto que novamente os alumnos de Produción e Realización da Fundación TIC gravarán integramente o evento para a súa promoción e difusión. 
Entradas á venda
As entradas, que previsiblemente se esgotarán en poucos días, tal e como aconteceu en todas as edicións celebradas, poderán mercarse dende hoxe nos establecementos dos deseñadores e peluquerías participantes ao mesmo prezo que en anos anteriores: 20 euros. Coa súa entrada, todos os asistentes recibirán un pequeno catálogo, no que poderán atopar toda a información necesaria para adquirir calquera deseño das coleccións presentes.
 
PUNTOS DE VENDA DE ENTRADAS:
Veritas Veritatis (Luis Areñas) 
R/ Armanyá, 5. Lugo 
982 225 979
María Tacón
R/ Castelao, 59-entrechán 2. Lugo
982 231 893
Montse Arias
R/ San Froilán, 44. Lugo
982 241 820
Tina Cortón
Praza de Santo Domingo, 3. Lugo
982 251 986/653 969 617
ChicadeCanela
Avda. da Coruña, 265-267. Lugo
649 950 980
Blanco y Negro Peluqueros
R/Músico Crisanto, 16. Rábade
982 391 221
Meyva Peluqueros
R/Galicia, 51. Lugo
982 252 607
Avalon Peluqueros
R/ Santo Grial, 11. Lugo
982 203 634
Eduardo Souto
R/Galicia, 37 . Lugo
982 803 029
Meyva
R/ Galicia, 51. Lugo
982 252 607
Miriam Souto
R/ Camiño Real, 148. Lugo
982 200 345
Mohama
Praza Maior, 11. Lugo
982 223 321