Empresas
AciaFozCCA organiza unha nova edición do Comercio na Rúa, que se celebrará os días 24, 26 e 27 de xullo.
Durante esas xornadas Fóra Stocks os establecementos comerciais participantes sacarán os seus artigos á rúa e ofrecerán descontos especiais.
Nesta nova edición do Comercio na Rúa daranse cita 35 negocios, que son: 5 Lobiños, Alain Afflelou Foz, Antigüedades Álvarez, Arrullos, Briz Peluquería y Estética, Calzados Pirde, Cenor Belianorte, Chinela Nenos, Chuvia, Decoraciones Pura, Don Zapato, Ginzo Hombre, Ginzo Mujer, Hedra, Hola Ola, Isla, Joyería Iria Rodríguez, Koquetas, La Flor Abulense-2, Lencería Esther, Librería A Rapadoira, Librería Bahía, Living Sport, Longarela, Lourdes Moda Íntima, Mercería Vera, Mi Casa, Midair Fashion Kids, OfiFoz, Sensación Surf, Thecé, Unique-2, Vas´s, Vas´s Oulet e Xoguetería...
leer másDeron comezo as rebaixas de verán no Centro Comercial Aberto coas mellores vistas e coa mirada posta na viaxe a Cuba para dúas persoas que se sorteará o vindeiro 14 de xullo no marco do Ribadeo Indiano.
O xerente da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Jesús Pérez, manifestou que “aínda que ata o dia 1 de xullo non se dan por inauguradas oficialmente as rebaixas, visto que moitas marcas nacionais adiantaron unha semana esta cita, dende Acisa quixemos dar comezo un pouco antes a este período de descontos comerciais. Por iso dende hai uns días demos por inauguradas oficialmente as rebaixas en Ribadeo, moitos comercios xa as adiantaron, e outros estano a facer nesta fin de semana. Durante xullo e agosto centos de negocios terán grandes descontos e múltiples artigos de tempada a prezos moi interesantes, polo que...
leer másDesde AciaFozCCA o seu presidente, José Carlos Paleo, anima a achegarse a Foz ao longo desta fin de semana: “aquí a clientela do noso comercio atopará a mellor moda e os mellores artigos, agora de rebaixas, cuns descontos moi interesantes”.
Para Paleo “este é o mellor momento para mercar produtos da tempada de verán xa de rebaixas, rematando o mes de xuño”.
E engadiu que “desde AciaFozCCA con esta campaña e coas outras que organizamos ao longo de todo o ano o que estamos é apostando sempre polo comercio local, polo que temos a carón das nosas casas, que é o que fai pobo”.
José Carlos Paleo agarda que “esta sexa unha boa campaña para os negocios locais, despois da primavera tan inestable que tivemos, sobre todo en maio e xuño”.
Esta fin de semana o Centro Comercial Histórico de Viveiro aposta unha vez máis por impulsar as compras e o ocio na súa cidade e pon en marcha este venres 31 de maio e o sábado 1 de xuño a campaña Shopping Weekend, un fin de semana de compras ofrecendo fantásticos descontos en miles de artigos.
Desde o CCH sinalan que “esta campaña sempre é un éxito de afluencia de xente a mercar no comercio local, porque os descontos son moi atractivos e poden aproveitar para mercar artigos para a temporada de verán agora que xa nos empeza a acompañar o bo tempo. Os locais participantes estarán identificados cós distintivos da campaña, banderolas de color fucsia de 2,60 metros de altura colocadas nas entradas dos comercios, indicando o desconto do 20%, así como vinilos da mesma cor pegados nos escaparates. Deste xeito para o cliente é moi sinxelo...
leer másDo 23 de maio ao 23 de xuño Acisa Ribadeo repartirá mais de 53.000 premios nunha nova edición da campaña Rasca e Gaña coa que a asociación pretende fomentar as compras no comercio local.
A presidenta da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo, Carmen Cruzado, subliñou que “presentamos esta campaña, que se vai desenvolver desde este xoves e ata o 23 de xuño co obxectivo de potenciar as vendas neste período do ano, tras a celebración o dia da nai e previo ás rebaixas de verán. Os premios son moi interesantes e atractivos para a clientela do comercio, da hostalería e dos servizos de Ribadeo. Saír dun bar cun vale para mercar un regalo no comercio de Ribadeo ou ir mercar a unha tenda un agasallo e saír cunha botella de viño para levar para a casa ou cunha cea está moi ben”.
Cruzado...
leer másHoxe, xoves, foron sorteados os premios da campaña do Día da Nai de AciaFozCCA.
As persoas premiadas con 200 euros en vales de compra cada unha foron:
Alonso Fernández, por una compra realizada en Librería Bahía.
Rafael Pedrosa, en Briz.
Nuria Carreño, en Pastelería Anduriña.
Yanira Díaz, en Clínica Maas Saúde.
María Esther Merino, en Salai Campo.
O sorteo, que tivo lugar en Radio Foz, esta mañá foi conducido por David Val e contou coa presenza da concelleira de Comerio, Kathy Navarro; e da xerente de AciaFozCCA, Ana Segade.
Na campaña do Día da Nai participaron 72 comercios. AciaFozCCA contou coa colaboración do Concello de Foz e da Xunta de Galicia.
Nas instalacións de Acisa Ribadeo tivo lugar esta mañá o sorteo dos premios da campaña do día da nai. Trátase dun exclusivo colgante de prata de lei con madreperla, xentileza de Galería Terra Branca, e dunha experiencia Entre Burbullas para dúas persoas.
Segundo indicou o xerente da asociación, Jesús Pérez, “os números agraciados son o 2.734, entregado en Farmacia Álvarez Lebredo e que corresponde ao premio da experiencia Entre Burbullas, dunha noite con almorzo e acceso a spa a escoller entre 300 estancias, e o 6.113 que foi entregado en Kids&Us e que corresponde ao colgante exclusivo de prata de lei con madreperla cortesía de Galería Terra Branca”.
Pérez Prada lembrou que “tal e como indican as bases da campaña o sorteo realizouse a porta cerrada nas oficinas de Acisa na mañá de hoxe, 6 de maio, e foi...
leer másAciaFozCCA colaborará por sétimo ano consecutivo coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro a través da campaña Euro Solidario, que se desenvolverá do 3 ao 17 de maio. Na presentación desta iniciativa participaron Pilar García, representante da AECC en Foz; o presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo; e o alcalde, Fran Cajoto.
Nos establecementos participantes haberá huchas destinadas a recoller os donativos para esta campaña, denominada Súmate a loita contra o cancro. Euro solidario.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, manifestou: “un ano máis queremos colaborar coa delegación local da Asociación Española Contra o Cancro porque toda axuda é importante. Animo á clientela dos negocios focenses a sumarse a esta campaña, que tivo unha boa acollida nas edicións anteriores e agardamos que...
leer másA Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos de Ribadeo celebrará o dia da nai sorteando unha experiencia para dúas persoas denominada Entre burbujas e unha xoia exclusiva de Galería Terra Branca. A campaña denomínase Á miña nai mímoa eu.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, contou que “a campaña desenvolverase entre hoxe, 25 de abril, e o 5 de maio. Aquelas persoas que fagan as súas compras nos comercios asociados a Acisa recibirán papeletas para participar no sorteo dos dous premios que poñemos en xogo: unha experiencia para dúas persoas denominada Entre burbujas a escoller entre 300 estancias e unha xoia exclusiva de Galería Terra Branca. Trátase dun colgante de prata de lei con madreperla”.
O xerente da asociación, Jesús Pérez, indicou que “son 8.000 as rifas que poñemos en circulación...
leer másTodas aquelas persoas que realicen as súas compras nos comercios asociados entre o 26 de abril e o 5 de maio entrarán no sorteo de 5 premios de 200 euros en vales de compra cada un. O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “poderán participar no sorteo as persoas cuxas compras sexan por importe superior aos 10 euros”.
O sorteo terá lugar o 8 de maio en directo a través da emisora local Radio Foz.
Paleo anima “a realizar as compras desta tradicional data no comercio local, no que temos a carón da casa. En Foz podemos atopar todo o que precisamos para agasallar ás mamás polo seu día. Un total de 72 comercios participan na campaña do día da nai de AciaFozCCA”.
José Carlos Paleo lembra que “a clientela pode aproveitar a ocasión para facer uso dos Bonos Activa Comercio da...
leer más