Catrocentas palilleiras de Asturias, León e Galicia se darán cita o 1 de outubro en Xove no VII Encontro de Palilleiras, que organiza o Concello.

Catrocentas palilleiras de Asturias, León e Galicia se darán cita o 1 de outubro en Xove no VII Encontro de Palilleiras, que organiza o Concello.
 
O 1 de outubro vaise celebrar en Xove a VII edición do Encontro de Palilleiras. A Concellería de Servizos Sociais, impulsora deste evento, continúa cos preparativos para ter todo listo para súa apertura.
 
"A inscrición para este encontro, que se pechou o pasado 16 de setembro, podemos decir que funcionou moi ben, xa que temos anotadas unhas 400 palilleiras de Asturias, León e Galicia", sinalan desde a organización.
 
Nestes intres o personal do Concello está a traballar a fondo no Pavillón Municipal de Deportes, lugar onde se centraliza o Encontro,  para ter todo preparado para o sábado, xa que ás 10:30 horas van comezar as actividades coa recepción das palilleiras.