Continúan os preparativos da I Ruta das Tapas de Alfoz, que terá lugar os días 18, 19, 25 e 26 de abril. Seis locais hostaleiros ofrecerán as súas creacións.

Continúan os preparativos da I Ruta das Tapas de Alfoz, que terá lugar os días 18, 19, 25 e 26 de abril. Seis locais hostaleiros ofrecerán as súas creacións.
 
Coincidindo coa organización das II Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz, organízase no neste concello a I Ruta das Tapas, na que participan a Cafetaría Rodolfo, o Restaurante O Frenazo, o Restaurante A Naranja, o Bodegón Ponte de Pau, a Taberna de San Pedro e a Cafetaría da Casa da Cultura (Morroncho). As bases desta I Ruta das Tapas de Alfoz son as seguintes:
-A ruta das tapas celebrarase en dous fins de semana das Olimpíadas: o fin de semana do 18 e 19 de abril e o fin de semana do 25 e 26 de abril. 
-Nesta ruta das tapas participarán 6 bares do concello de Alfoz: Cafetaría da Casa da Cultura (Bar de Morroncho), Bar Rodolfo, Bodegón Ponte de Pau, A Naranxa, O Frenazo e San Pedro.
-Os que queiran participar no sorteo da Ruta de Tapas terán que coller una tarxeta nalgún dos bares participantes ou ben no Concello de Alfoz e recorrer cada un dos fins de semana sinalados todas os bares inscritos na Ruta, onde se lles selará a citada tarxeta co selo do establecemento (de cada fin de semana poden escoller en visitar cada bar o sábado ou o domingo).
-Para ser incluída no sorteo final a tarxeta deberá levar os selos de todos os bares participantes nas dúas fins de semana citadas (tanto dá que o selo sexa posto o sábado como o domingo da correspondente fin de semana).
-As tarxetas con todos os selos poderán entregadas en cada un dos bares participantes ou ben nas oficinas do Concello de Alfoz.
-Haberá tres gañadores e o sorteo para elixilos celebrarase na última xornada das Olimpíadas, o día 2 de maio, no transcurso da celebración dos Xogos Populares.
-O premio consistirá en vales para compras en diversos establecementos do concello de Alfoz, establecementos que serán especificados na tarxeta de participación. Cada un dos tres gañadores do sorteo recibirá un vale por valor de 200 euros.
-Os premios serán entregados na 4ª Xornada das II Olimpíadas Interparroquiais de Alfoz, o día 2 de maio de 2015, ó finalizaren as probas de Xogos Populares.
As tapas que ofrecerá cada un dos establecementos participantes son as seguintes:
-CAFETARÍA RODOLFO: xamón cocido, guiso de calamar, costela e fabada.
-BODEGÓN PONTE DE PAU: segredo do Mariscal, Airiños do mar, Aires da Frouseira, Falares galegos.
-RESTAURANTE O FRENAZO: lacón cocido con patacas, chipirones en salsa, chipirones fritos, zorza con patacas, riles ó xerez, patacas bravas, callos e tortilla española.
-CAFETARÍA DA CASA DA CULTURA (MORRONCHO): filloas de Popeye, Barcas a vela, Pataca abaladoira, Monte do Castelo.
-RESTAURANTE A NARANJA: Rosetón de suprema, merluza á Naranja, tosta de salteado de gulas y gambas, crema verde galega con picatostes, dados de raxo ó Cabrales, crujientes de pito con tártara, barquillo de endivias con queixo e salmón, bombón de melón con xamón.
-TABERNA SAN PEDRO: tortilla, xamón serrano, callos e raxo.