Do 10 ao 12 de xuño terá lugar en Mondoñedo o VIII Torneo de Fútbol Sala O Pasatempo, que repartirá máis de 3.000 euros en premios.

Do 10 ao 12 de xuño terá lugar en Mondoñedo o VIII Torneo de Fútbol Sala O Pasatempo, que repartirá máis de 3.000 euros en premios.
 
Por oitavo ano consecutivo, a Asociación Cultural O Pasatempo organiza o torneo de fútbol-sala O Pasatempo en Mondoñedo. Este ano a data de celebración será o 10-11-12  Xuño. 
 
Equipos galegos, asturianos e leoneses danse cita nun pavillón mindoniense ateigado os 3 dias (destacando as noites do venres e sábado), e xogadores da Primeira, Segunda, Segunda b e Terceira división do futbol-sala nacional compiten polo trofeo, nunha cita xa clásica e ineludible para os amantes do fútbol-sala. Ademáis, sempre hai preparada algunha sorpresa, que fai que seña unha festa do fútbol-sala, "Máis que un torneo..."
  
Premios:
- 1° clasificado 1700€ + trofeo
- 2° clasificado 700€ + trofeo
- 3° e 4° clasificados 250€ + trofeo
- Mellor equipo local 150€ + trofeo
- Último clasificado: tarta de Mondoñedo (novidade este ano)
- Trofeo ó mellor xogador, máximo goleador e mellor porteiro (todos os trofeos son artesanais) e premio tamén para o MVP da final, elexido polo público asistente.
 
A inscrición é de 120€. Árbitros federados todo o torneo. Descontos no aloxamento nos hostais da cidade para os equipos participantes
 
Desde a organización sinalan que "a pouco máis de unha semana para a celebración do VIII Torneo de fútbol-sala O Pasatempo de Mondoñedo, sigue o plazo aberto para anotarse, ainda que solo quedan as últimas plazas. Recordar que o plazo de inscrición remata o mércores 8 de xuño, día no que se celebra o sorteo. O torneo mindoniense conseguiu colocarse como o referente na Mariña polos seus premios (máis de 3000€ en premios), polo gran nivel dos equipos e, sobre todo, pola gran afluencia de público en toda a fin de semana. Os teléfonos para informarse e anotarse son 651958770 (Israel) e 630314749 (Javi)"