En Cervo a programación de Nadal empeza o 22 de decembro e remata o 8 de xaneiro. Organizada polo Concello e 5 asociacións inclúe cine, deporte, música, maxia, teatro e actividades infantís e xuvenís.

En Cervo a programación de Nadal empeza o 22 de decembro e remata o 8 de xaneiro. Organizada polo Concello e 5 asociacións inclúe cine, deporte, música, maxia, teatro e actividades infantís e xuvenís.
 
A programación de Nadal do municipio de Cervo empeza o día 22 deste mes e remata o 8 de xaneiro. Está organizada polo Concello coa colaboración das asociacións Airiños do Xunco, A Fervenza, Arroutada, Península da Paz e Burgo de Trasbar. Inclúe cine, deporte, música, maxia, teatro e actividades infantís e xuvenís. Foi presentada pola concelleira de Cultura, Dolores García Caramés; o edil de José Ramón Soto Martínez; e representantes de catro dos colectivos colaboradores.
 
No programa, que comeza o vindeiro xoves, día 22, hai proxeccións de cine; circo co pallaso Peter Punk, que ofrecerá o espectáculo Peor imposible o día 23 no salón de actos de Cervo; actividades infantís e xuvenís; actuacións musicais, como a do trío Talabarte o día 28 na Casa da Cultura, de San Ciprián; maxia a cargo de Dani García o 7 de xaneiro, tamén na Casa da Cultura; unha carreira San Silvestre; Cabalgatas de Reis en San Ciprián e Cervo; o estreo dunha representación teatral do grupo O Bordelo; e, como remate, unha Gala de Nadal que se celebrará o día 8 de xaneiro na Casa da Cultura, de San Ciprián, na que actuarán grupos corais, de música tradicional e de baile galego do municipio.