En Xove celébrase o 23 de xullo a quinta edición da Festa do Percebe, que contará con animación musical.

En Xove celébrase o 23 de xullo a quinta edición da Festa do Percebe, que contará con animación musical.
 
Xove acolle a celebración da V edición da Festa do Percebe este, sábado 23 de xullo.
 
Dará comezo ás 12:00 horas e terá lugar na praza do Concello. A festa contará coa animación musical dunha disco-móvil.
 
A organización corre a cargo do Concello de Xove, a Cofraría de Pescadores de San Cibrao e A Medorra Asociación de Festexos. O recinto feiral contará cunha gran carpa e os asistentes terán a oportunidade de degustar este exquisito crustáceo a prezos populares.