Está aberta a inscrición nos "Bailes de salón" que organiza a Concellería de Servizos Sociais de Burela. A actividade dará comezo o vindeiro 19 de abril e impartirase na Casa da Cultura os martes.

Está aberta a inscrición nos "Bailes de salón" que organiza a Concellería de Servizos Sociais de Burela. A actividade dará comezo o vindeiro 19 de abril e impartirase na Casa da Cultura os martes.
 
O vindeiro 19 de abril darán comezo os Bailes de salón, que organiza a Concellería de Servizos Sociais. A edil Patricia Otero explica que “ao longo desta semana aquelas persoas interesadas en acudir a esta actividade poden achegarse ata a Casa do Concello para inscribirse”. 
 
Os Bailes de salón impartiranse na Casa da Cultura os martes ata o 26 de xullo. Será en tres quendas, del 18:45 a 20:00 horas, de 20:00 a 21:15 horas e de 21:15 a 22:30 horas. 
 
Os interesados en obter máis información e/ou aclaracións poden chamar ao seguinte número de teléfono 982 58 06 09.