Estaleiro Editora presenta este venres, 12 de xuño, na Libraría Bahía de Foz o último libro de Eduardo Estévez e Ignacio Castro.

Estaleiro Editora presenta este venres, 12 de xuño, na Libraría Bahía de Foz o último libro de Eduardo Estévez e Ignacio Castro.
 
A presentación terá lugar este venres, 12 de xuño, ás 20:30 horas na Librería Bahía, e contará coa presenza de ambos autores, o poeta Eduardo Estévez e o fotógrafo Ignacio Castro “Nachok”, así como de Alba Viñas, membro de Estaleiro Editora.
Entrar na casa é o resultado do diálogo creativo entre o poeta Eduardo Estévez e o fotógrafo Nachok. Explora os rastros que deixamos ao abandonar os lugares que unha vez habitamos e o impacto dos transcursos vitais na casa.
Eduardo Estévez (Buenos Aires, 1969) é un dos máis coñecidos poetas en lingua galega de cantos se deron a coñecer na década dos 90. Entre os seus traballos destacan, entre outros, libros como lúa gris (1999), derrotas (2004) ou construcións (2008). Parte da súa obra está traducida ao inglés, castelán ou italiano, e el mesmo traduciu ao galego Ellis Island de Georges Perec (2011).
Ignacio Castro (“Nachok”) (Madrid, 1974) é fotógrafo. Vive e desenvolve o seu traballo en Lourenzá. Participou nas dúas últimas exposicións da Semana das Artes na Mariña.
Estaleiro Editora é unha editorial autoxestionada, asemblearia e sen ánimo de lucro, que edita desde 2008, sempre baixo licenza Creative Commons, permitindo a reprodución total ou parcial sen fins comerciais, e cargando os textos na propia páxina web. Publican exclusivamente en galego, respectando a <<...>> escolla normativa do autor.