Carme

Etiquetas:
05/07/2018

Tal e como confirmaron desde a organización “deseñouse unha programación variada coa que pretendemos chegar a todos os públicos”. Así, haberán teatro, humor e moita música de todos os estilos.

O mércores, 11 de xullo, a Asociación de Enfermos Mentais da Mariña representará a súa obra Teatro contra o bullyng, eres único. Será ás 20:00  horas, no auditorio da Casa da Cultura.

O xoves, 12 de xullo, O Bordelo actuará coa súa peza teatral Depende. Ás 21:00 horas no auditorio da Casa da Cultura.

O venres, 13 de xullo, será a quenda do Grupo de Teatro Ardora de San Ciprián, coa súa obra Flor de Outono. Ás 21:00 horas, no auditorio da Casa da Cultura.

Xa o sábado, a partir das 19:30 horas, na Praza dos Campos, terá lugar un show de maxia e humor, a actuación de Brais e...

leer más
Etiquetas:
04/07/2018

As festas do Carme de Foz serán pregoadas nesta ocasión polo mestre e investigador da historia local Antón Niñe o 13 deste mes, venres. Ese mesmo día actuará nos festexos o grupo musical Dos pájaros y un trío, que ofrecen un espectáculo tributo aos cantautores Joaquín Sabina e Joan Manuel Serrat co que levan desde 2009 triunfando en moitas localidades españolas.

O presidente do colectivo SempreFoz, que organiza das festas do Carme da vila focense, e concelleiro de Cultura focense, Ánxel Paleo, anunciou hoxe que “o venres 13 de xullo darán comezo as festas do Carme de Foz na igrexa parroquial co pregón a cargo de Antón Niñe. E desde SempreFoz, como comisión organizadora, queremos dar o noso agradecemento a Antón Niñe, mestre e investigador da historia local, por aceptar a nosa proposición de ser o pregoeiro das Festas do Carme de Foz. Anton...

leer más
Etiquetas:
12/07/2016
Foz celebra as festas do Carme do 14 ao 17 de xullo con diferentes actuacións musicais e as tradicionais alfombras florais.
 
O xoves 14 comezan as Festas do Carme en Foz, que se prolongarán ata o domingo 17. No programa destacan os festivais Coa Nosa Fala e Aires do Masma e as tradicionais alfombras florais para a procesión se celebrará o sábado 16.
 
A concelleira de Cultura, Silvia Blach, anunciou hoxe que “as festas do Carme este ano empezámolas o xoves 14, na igrexa parroquial ás oito da tarde temos a misa cantada polo grupo Mar Aberto e ao remate o pregón das Festas do Carme encargado a José María García Rivera, ex alcalde do concello de Foz. Ás dez da noite no Campo da Cabana empezamos co V festival Coa Nosa Fala con concertos de música galega”. 
 
Silvia Blach engadiu...
leer más
Etiquetas:
01/07/2016
O ex alcalde de Foz José Mª García Rivera será o pregoeiro das Festas do Carme da vila, que comezarán o 14 de xullo.
 
O ex alcalde de Foz José María García Rivera será o pregoeiro das Festas do Carme da vila, que comezarán o día 14 de xullo.
 
O actual rexedor focense, Javier Jorge Castiñeira, anunciou hoxe que “iniciado o mes de xullo toca anunciar por parte do Concello de Foz e en nome tamén da comisión organizadora das Festas do Carme 2016 que o pregoeiro será José María García Rivera, que foi alcalde de Foz durante 16 anos”.
Javier Castiñeira explicou que “entre a comisión e o propio equipo de goberno pensamos que era lóxico e de xustiza que unha persoa que dedicou dezaseis anos ao servizo do pobo como alcalde debe ter un recoñecemento. Unha festa tan importante para Foz, como é a do Carme, sabemos que...
leer más
Etiquetas:
20/06/2016
A comisión das festas de Carme presenta un programa para todos os públicos en San Ciprián. Haberá actividades do 7 ao 17 de xullo.
 
O programa de 2016 inclúe actividades como teatro, concerto de corais, unha carreira solidaria e concertos de música entre outras actividades.
 
A comisión das Festas do Carme de San Ciprián deu a coñecer o programa completo dos festexos patronais, que inclúe actos dende o día 7 ao 17 de xullo e pensados para todos os públicos. Deste xeito, hai actividades para público infantil, para a mocidade e para os adultos. O día 7 comeza coa actuación do Grupo de Teatro “O BORDELO”  de Cervo e o día seguinte segue coa actuación do Grupo de Teatro “ARDORA” de San Ciprián, as dúas actuacións terán lugar no auditorio da casa da cultura ás 21:00 horas. O sábado 9 de xullo a Asociación de animais Coletiñas organiza unha carreira solidaria que...
leer más
Etiquetas:
07/07/2015
As festas do Carme 2015 celebraranse do 13 ao 18 de xullo con numerosas actividades musicais, entre as que destacan o concerto de Uxía e Narf.
 
O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira, vén de presentar o programa das Festas do Carme 2015, organizadas pola asociación Sempre Foz e polo propio Concello. As festas comezan o día 13 de xullo de durarán até o 18 cun programa repleto de actividades musicais, xogos infantís e a tradicional alfombra floral que acompaña á procesión da Virxe. O alcalde subliña que outros eventos desta fin de semana servirán de antesala á festa: “durante esta fin de semana vanse celebrar moitas actividades ligadas á propia festa do Carme. Podemos falar da décima edición de Sons da Rúa e do Festival Vrao, que é un festival galego de música independente que terá lugar durante toda esta fin de semana. Temos as horas de fútbol sala tamén e moitas outras actividades paralelas ás festas”. 
...
leer más