Cultural

15/05/2016
O Concello de Mondoñedo porá en marcha un programa de voluntariado cultural. A proposta nace co obxecto de dar a coñecer todo o seu patrimonio arquitectónico, cultural e natural.
 
O Concello de Mondoñedo, a través da Concellería de Cultura, porá en marcha un programa de voluntariado cultural para fomentar a participación da cidadanía no desenvolvemento de actividades culturais na localidade. A través do voluntariado o proxecto busca conseguir un acceso directo, solidario e eficaz, ao inxente patrimonio cultural material e inmaterial da cidade e colaborar con aqueles sectores que se atopen necesitados ou que constitúen un punto de partida no acceso á cultura.
 
Dun xeito máis concreto, a alcaldesa da localidade, a popular Elena Candia, explica que o programa ten por obxecto fomentar o voluntariado cultural, regulando basicamente o seu funcionamento e establecendo as canles de participación dos cidadáns que, de...
leer más
Etiquetas:
29/03/2016
Luis Piedrahita e Manolo Tena son algúns dos pratos fortes da programación cultural do Concello de Burela para os vindeiros tres meses.
 
Luis Piedrahita, Manolo Tena ou a obra de teatro protagonizada pola artista burelesa afincada en Madrid, Rosalía Castro, La primera mujer en la tierra son algunhas das propostas da programación cultural do Concello burelés para o segundo trimestre do ano. A axenda, que inclúe tamén teatro para adultos e nenos ou cine, foi presentada esta mañá polo concelleiro de Cultura, José Díaz, e pola actriz Rosalía Castro. 
 
O edil socialista dixo que “presentamos esta mañá la programación cultural para el próximo trimestre y lo hicimos junto a Rosalía Castro, que está por aquí estos días. Es una actriz afincada en Madrid, pero originaria de Burela. Y la presentamos con ella porque una obra suya se representará aquí en junio. La primera mujer...
leer más
Etiquetas:
29/03/2016
Maxia, música, teatro e letras enchen de actividade o segundo trimestre do ano en Ribadeo. En abril El Brujo traerá á vila "El asno de oro".
 
Múltiples actividades de maxia, música, teatro e letras integran o programa cultural elaborado pola Concellaría de Cultura ribadense para o segundo trimestre que foi presentado hoxe polo edil de Cultura, Farruco Graña, e polo técnico deste departamento, David Díaz.
 
O responsable de Cultura salientou que é “unha axenda cultural chea de actividades de distinto tipo. Actividades todas elas que se caracterizan por un obxectivo común por parte de toda a Corporación,  que fagamos de Ribadeo un lugar agradable para vivir, un lugar polo que dea gusto pasar, pararse a facer unha visita e gozar das distintas actividades culturais que hai. Hai moitísimo, variado e de calidade. Hai moita música, hai teatro, temos como novidade nesta ocasión un...
leer más