Galego

Etiquetas:
31/05/2016
A Casa da Cultura de Ourol acollerá un curso sobre o galego o 8 de xuño. Está organizado polo grupo informal de mozos e mozas Ourelo.
 
O grupo Ourelo de Ourol organiza para o 8 de xuño un obradoiro titulado "Cal é o galego de verdade?".
 
Nesta actividade que terá lugar o 8 de xuño de 11:00 a 12:30 horas na Casa da Cultura de Ourol, os asistentes participarán de forma activa neste traballo sobre o galego. Falarán da riqueza dialectal da súa evolución, da utilidade, e farán unha árbore do galego coas verbas que se usan diariamente e con aquelas que se usaban pero agora non.
 
Este obradoiro será impartido por Lorena Piñón López de Bravos e estará apoiado polo resto de membros do grupo. O destinatario é o público en xeral. Organiza o grupo informal de mozos e mozas Ourelo e colabora o...
leer más
Etiquetas:
30/04/2016
Burela acollerá o 5 de maio a 16ª edición do Correlingua da Mariña. Mil seiscentos escolares correrán polo galego, baixo o lema "O galego está en nós".
 
A edición 2016 do Correlingua na Mariña, carreira pola lingua do alumnado de todos os ciclos educativos organizada pola CIG-Ensino, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a Mesa pola Normalización Lingüística, coa colaboración dos Concellos de Pontevedra, Vigo, Lugo e Ourense xunto coas Deputación de Lugo, A Coruña e a de Pontevedra, foi presentada esta tarde no Concello de Burela.
 
No acto participaron Alfredo Llano, alcalde de Burela, -concello que este ano acolle o Correlingua-, Antonio Veiga, Vicepresidente da Deputación de Lugo, Mónica Pazos, en representación da Mesa pola Normalización Lingüística, Dores Fernández Abel, da CIG-Ensino e coordinadora da actividade, e representantes dos Equipos de Dinamización Lingüística...
leer más