O Vicedo
O Vicedo celebrará a vixésima edición do seu desfile de Samaín, que sairá desde a Casa de Cultura, este venres, día 31 de outubro.
“Celebramos a 20ª edición co tradicional desfile de Samaín polas rúas do Vicedo. Ide preparando a saba e as pinturas para desfilar e asustar a todos os veciños. Despois chocolate con churros cortesía da APA. É unha edición especial e gustaríanos que tanto nenos como adultos (que varios algún día desfilaron) vos animásedes a vestirvos e desfilar por unha celebración humilde pero que foi capaz de conseguir celebrarse en 20 ocasións. Será a partir das 19:30 horas, pero desde unha hora antes podedes pasar a maquillarvos e pasar unha tarde noite de medo!”, anuncia o Concello de O Vicedo.
Continúa o outono teatral na Casa da Cultura do Vicedo cun grupo de Viveiro, Mecanismo Teatro, que presenta a obra titulada Parad@s, que conta no seu elenco cunha actriz do Vicedo, Loli. Será este sábado, día 25 de outubro, ás 20 horas.
A entrada é libre para asistir a esta representación da obra Parad@s, de Fedra Marcus Broncano.
Este sábado, día 11 de outubro, ás 16:30 horas no Campo Municipal Boavista, de Folgueiro (O Vicedo) celebrarase un torneo triangular de fútbol en memoria de Kubala, ex xogador do Folgueiro recentemente falecido. Os equipos veteranos participantes serán: Folgueiro, Landrove e O Vicedo.
A Unión Deportiva Folgueiro explica que “este encontro pretende ser un acto de recoñecemento e gratitude pola súa entrega ao club e polo legado humano que deixou entre compañeiros, amigos e afección. Será unha xornada de lembranza e respecto, na que todo o mundo está convidado a participar para renderlle a merecida homenaxe. A súa memoria permanecerá sempre entre nós!”.
A Banda de Gaitas Santo Inocencio-Dambara, de Burela, actuará na Casa da Cultura do Vicedo este sábado, día 11 de outubro, ás 19:30 horas.
O Concello anuncia: “música galega no Vicedo. Este sábado ás 19:30 horas na Casa da Cultura poderemos disfrutar dun concerto da Banda de Gaitas Santo Inocencio-Dambara, de Burela, no marco das actuacións de Tradigalu, da Deputación Provincial de Lugo, xunto co Concello de O Vicedo”.
A parroquia de Negradas, no municipio do Vicedo, celebra as festas na honra a San Miguel este sábado, día 4 de outubro.
As actividades comezarán ás 13:00 horas con misa cantada seguida de procesión amenizada por Gaiteiros do Ortegal e sesión vermú co grupo Pasión, que tamén actuará na verbena xunto á orquestra Galilea e o Dj JB.
A comisión organizadora destaca que haberá amplo aparcamento gratuíto e pista de baile cuberta.
Volven as actividades do programa Ler Conta Moito ao O Vicedo, nesta ocasión cunha actividade da compañía Lila Teatro, de Lugo, presentando Contos de Caverna. Será o martes 30 de setembro nun horario adaptado aos nenos e nenas de Primaria, ás 17 horas, na Casa da Cultura do Vicedo.
Esta obra trata de “dous vellos rechonchos e divertidos que pasan o seu tempo enredando con aqueles contos que aprenderon cando eran novos. Algúns son lendas, outros historias que aconteceron na realidade e do resto descoñecen a orixe”.
A Aula CeMIT do Vicedo organiza un curso sobre banca dixital que se desenvolverá os días 16 e 23 de outubro e 6 de novembro, xoves, de 17:30 a 20:00 horas.
Haberá tres bloques formativos diferenciados: seguridade (temas relacionados con ciberseguridade, noticias falsas, timos, fishing, etcétera); práctico banco online (uso da banca no móbil e no ordenador, pagos, etcétera) e práctico caixeiros (uso do caixeiro automático).
As inscricións poden facerse a través do teléfono 982.59.01.95, do correo electrónico cemit.ovicedo@xunta.gal, de forma privada nas distintas redes sociais ou de maneira presencial na Casa da Cultura Aula CeMIT do Vicedo.
O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo) organiza unha xornada dedicada a Alfonso Daniel Rodríguez Castelao para este sábado, día 20 de setembro, a partir das 18:00 horas. A entrada é de balde.
Ás 18:00 horas terá lugar a presentación e visita á exposición Sempre en Galiza 1944-2024, a cargo dos Quinquilláns. Despois haberá unha proxección audiovisual sobre Castelao. Para as 19:00 horas está programada unha representación de Cousas, de Castelao, a cargo de Os Quinquilláns Teatro. E ás 20:30 horas rematará a xornada cun concerto do grupo Barahúnda.
O Teatro das Cortes, que está no lugar de Xestoso, en Cabanas (O Vicedo) organiza unha tarde dedicada á película Crebinsky o 28 de agosto, xoves, a partir das 18:00 horas. A entrada é de balde.
A actividade comezarán coa presentación por parte da ilustradora e escritora Ana Moreiras da publicación A pausa. Ás 19:00 horas haberá un coloquio sobre a película Crebinsky, co director Quique Otero e o actor Miguel de Lira; a continuación proxectarase o filme. E ás 21:30 horas o acordeonista Vadím Yukhnevich ofrecerá un concerto.
O Concello de O Vicedo pon en marcha a oitava edición do Concurso de Fotografía Turística, unha cita xa imprescindible para todos os amantes da paisaxe e de fotografiala. O certame busca captar, a través de imaxes únicas, a esencia, a beleza e a diversidade deste recuncho mariñeiro.
Nesta ocasión, a temática é libre, sempre que as fotografías teñan como protagonista o municipio de O Vicedo. Quedarán automaticamente fóra do concurso aquelas imaxes que non amosen lugares ou elementos propios da localidade.
A participación está aberta tanto a profesionais como a afeccionados/as, sen límite de idade. Cada persoa poderá presentar ata tres fotografías, que deberán ser orixinais, inéditas e non premiadas noutros certames. Admitiranse imaxes en cor ou en branco e negro, cun tamaño mínimo de 30x45 cm e máximo de 40x60 cm,...
leer más












