Pregón

Etiquetas:
29/05/2015
Dan comezo as festas patronais de Burela 2015.
 
Hoxe dan comezo as festas patronais de Burela. Ata 9 de xuño haberá infinidade de actividades. O pregón de Martín Barreiro, meteorólogo de TVE, será mañá, sábado. O alcalde en funcións, José Mª González Barcia, sinala que son días para gozar entre amigos e coa familia e felicita á comisión organizadora polo traballo realizado. 
O rexedor dixo que “hoxe comezan as festas patronais aquí, en Burela, uns festexos que son momentos para gozar coa familia e cos amigos. E tamén para honrar á nosa patroa, a Virxe do Carme, e ao patrón, San Xoán Bautista. Estas festas, que nacen moi vinculadas ao mundo do mar, e hoxe son festas para todos”.
González Barcia cre que “a comisión de festas ten preparado un programa realmente atractivo e moi...
leer más
Etiquetas:
15/05/2015
As festas patronais de Burela serán do 29 de maio ao 9 de xuño. O pregoeiro será o meteorólogo de TVE Martín Barreiro.
 
Hoxe tivo lugar a presentación do cartel e do programa das festas patronais de Burela 2015. Ao acto asistiron membros da comisión organizadora, o alcalde, José Mª González Barcia, e os concelleiros Diana Durán e José Casas.
Os festexos darán comezo o 29 de maio coa celebración da Festa de Cabo Verde na praza de abastos e coa baixada da imaxe desde a igrexa de Vila do Medio ata a parroquial. 
O pregón, que será o 30 de maio na Casa da Cultura ás 20 horas, será pronunciado por Martín Barreiro, meteorólogo de TVE.
Os días grandes das festas patronais de Burela serán o 5, o 6, o 7 e o 8 de xuño. Haberá verbenas coas orquestras Galilea, Garibaldi, Televisión, Philadelfia, Palladium e París de Noia....
leer más
27/03/2015
O pregón de Semana Santa de Viveiro será este sábado, 28 de marzo, no Teatro Pastor Díaz.

 

O pregón da Semana Santa de Viveiro 2015 será este sábado, día 28 de marzo, a partir das 20:30 horas no Teatro Pastor Díaz. Correrá a cargo do cardenal Antonio María Rouco Varela, arzobispo emérito de Madrid. E o acto pecharase cun concerto da coral polifónica Alborada, de Viveiro.