San Silvestre

13/12/2017

O Concello de Cervo, coa colaboración da Asociación Anxuela, organiza a III Carreira San Silvestre que sairá da Praza dos Campos o 31 de decembro, día de fin de ano; como é tradicional.

Así o anunciou o edil de Deportes do Concello de Cervo, José Ramón Soto, na presentación do evento, que tivo lugar na Praza dos Campos de San Ciprián; na que estivo acompañado polas edís de Xuventude e Servizos Sociais, e os rapaces que colaboran na organización da cita deportiva.

A saída está prevista para as 11:30 horas da Praza dos Campos. As inscricións anticipadas pódense formalizar ata o día 30; chamando ou enviando un whatsapp ao número de teléfono 691.65.66.00 ou un correo electrónico a sansilvestre@gmail.com. Os participantes poderán anotarse tamén ese mesmo día, na Praza dos...

leer más
29/12/2016
A asociación Arroutada coa colaboración do Concello de Cervo organiza a carreira San Silvestre San Ciprián 2016 este sábado, 31 de decembro.
 
A asociación Arroutada coa colaboración do Concello de Cervo organiza a segunda edición da carreira San Silvestre San Ciprián, que se celebrará este sábado, día 31 de decembro, a partir das 11:30 horas. A proba foi presentada polo concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, e por un representante do colectivo Arroutada, Marcos González.
 
O concelleiro de Deportes, José Ramón Soto, anunciou que “este evento terá lugar este sábado, 31 de decembro, día de fin de ano, a partir das 11:30 horas con saída e chegada na Praza dos Campos, de San Ciprián. Os máis pequenos farán un corto percorrido, dando voltas á Praza dos Campos, e en función das idades. Para os adultos está disposto un recorrido duns 3 quilómetros, ó carón da ría. Na carreira poderán participar de xeito gratuíto todos aqueles veciños...
leer más
15/12/2016
Ata o 27 de decembro está aberto o prazo de inscrición para participar na San Silvestre 2016, que organiza a Concellaría de Deportes de Ribadeo.
 
Ata o 27 de decembro está aberto o prazo de inscrición para participar na San Silvestre, que organiza a Concellaría de Deportes de Ribadeo. Pode facerse na Casa da Xuventude ou en www.championchipnorte.com. 
 
A saída da carreira o vindeiro 31 de decembro terá lugar ás 16:40 horas para a mini San Silvestre na categoría ata 4 anos cunha lonxitude de 100 metros, e ás 16:45 horas tamén na mini San Silvestre para os participantes de 4 a 7 anos, que terán que percorrer unha distancia de 400 metros.
 
A saída da Milla será ás 16:50 horas para os corredores con idades entre 8 e 11 anos, e ás 17:00 horas a San Silvestre para os maiores de 11 anos, neste ano a lonxitude será de 5.000 metros.
... leer más
17/11/2015
A inscrición na San Silvestre 2015, que organizan o Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo, estará aberta do 19 de novembro ao 25 de decembro.
 
O Concello de Ribadeo e a Deputación de Lugo organizan un ano máis a Carreira de San Silvestre para despedir o ano 2015. Será, como manda a tradición, o 31 de decembro e haberá distintas categorías en función da idade dos participantes. A proba absoluta comezará ás 17 horas. 
As saídas para as categorías inferiores están previstas deste xeito: ás 16:40 horas a Mini San Silvestre (100 metros, para menores de 4 anos) e ás 16:45 horas a Mini San Silvestre, para nenos e nenas de 4 a 7 anos, cun percorrido de 400 metros. 
A milla, para nenos de entre 8 a 11 anos, sairá as 16:50 horas e finalmente ás 17 horas comezará a San Silvestre absoluta, na que poden participar as persoas maiores de 11 anos. Son 5.000 metros de percorrido. Como...
leer más
08/12/2014
Aberta a inscrición para participar na carreira San Silvestre Ribadeo 2014. O 31 de decembro a proba absoluta dará comezo ás cinco da tarde. A proba está organizada polo Concello e pola Deputación Provincial de Lugo.
 
Xa está aberta a inscrición para participar na San Silvestre Ribadeo 2014, que organizan o Concello e a Deputación Provincial de Lugo. As carreiras das categorías inferiores terán lugar a partir das 16:40 horas e a proba absoluta será ás 17 horas, unha vez finalizada a carreira das categorías inferiores. 
O percorrido da mini San Silvestre terá unha lonxitude de 400 metros aproximadamente e discorrerá arredor do parque de San Francisco. Haberá un trofeo para o primeiro corredor e corredora en cruzar a meta e medallas para os tres primeir@s clasificad@s de cada categoría.
No caso da milla a distancia será de 1.150,37 metros e discorrerá polas rúas peonís de Ribadeo: saída entre os parques, da...
leer más