Violencia de Xénero

26/11/2014
Ribadeo organizou unha performance contra o machismo para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero. A actividade desenvolveuse no Pavillón Vello.
 
O Pavillón Vello de Ribadeo acolleu a performance FormándoNOS contra o machismo. Ata alí se trasladou por mor da chuvia a actividade organizada polo Concello e o CIM, coa colaboración da Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo, para conmemorar o día internacional contra a violencia de xénero e na que se deron cita rapaces e rapazas dos centros de ensino da vila, que estiveron acompañados polos seus mestres, pola concelleira de Igualdade, Mariluz Álvarez Lastra, e polo alcalde. 
 
 
 
 
Xa esta tarde tivo lugar na sala Sonda...
leer más
24/11/2014
Burela celebra o Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller con Diversos Actos: un seminario, unha pancarta, unha concentración e a lectura dun manifesto.

 

Burela celebrará o 25 de novembro cun seminario, unha pancarta, unha concentración e a lectura dun manifesto, entre outras actividades, que deu a coñecer no día de hoxe a concelleira de Igualdade, Diana Durán. O  24 de novembro a antiga biblioteca será escenario do II Seminario sobre Violencia de Xénero, que organiza o Concello xunto a asociación Mulleres en Igualdade Burela. A cita xirará entorno á Mocidade ante a violencia de xénero.

Xa o 25 de novembro desenvolverase o acto institucional para conmemorar o día internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Segundo explica a concelleira de Igualdade, Diana Durán, “ao longo da mañá distribuiremos por Burela lazos de cor morada e tamén a publicación realizada cos microrrelatos gañadores do ano 2013. Colocaremos na entrada do Concello un libro de sinaturas onde aquelas persoas que o desexen poderán...

leer más
24/11/2014
Ribadeo acollerá ata o 29 de novembro diversas actividades para conmemorar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero.

 

Do 16 ao 29 de novembro celebraranse en Ribadeo diversos actos para conmemorar o día internacional da loita contra a violencia de xénero. Haberá teatro nos escaparates de catro comercios, conferencias e dúas performance. As actividades foron presentadas esta tarde nunha rolda de prensa que se celebrou no salón de plenos do Concello.

A programación, organizada pola Concellaría de Igualdade e o Centro de Información ás Mulleres de Ribadeo, conta coa colaboración económica da Secretaría Xeral de Igualdade e do Fondo Social Europeo e coa participación dos centros de ensino da vila, da Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autonómos (Acisa), co Grupo de...

leer más
17/11/2014
O Concello de Foz organiza un coloquio sobre violencia de xénero e mocidade para este sábado na Casa da Cultura.

 

O Concello de Foz organiza unha mesa coloquio sobre violencia de xénero e mocidade. Será este sábado, día 22, ás 18 horas no salón de actos da casa da cultura Poeta Manuel María. Dende a organización explicaron que “continuamos o traballo que comezou no ano 2013 coa campaña denominada Para querer, quérete, ante a preocupación sobre a maior cantidade de casos de violencia de xénero na mocidade, onde as relacións comezan a unha idade máis temperá.  Nesta ocasión achegamos no formato de mesa coloquio a profesionais que traballan neste ámbito. Así teremos a: Julia Vidarte, educadora familiar do Concello de Foz; Javier  Ponte, orientador do C.P.R. Martínez Otero; Ana Pacio, xefa da Unidade contra a Violencia de Xénero da  Subdelegación do Goberno e un especialista no tratamento e atención de vítimas de violencia de xénero...

leer más