Viveiro
O Concello de Viveiro anuncia unha nova edición do concurso de karaoke "Viveiro Canta", enmarcado no programa das Festas Patronais de Viveiro. Será o día 7 de agosto ás 21:00 na Praza Maior.
A terceira edición do "Viveiro Canta" está de novo dirixida ao público de todas as idades, e terá dúas categorías, unha infantil e xuvenil e outra adulta. Un xurado profesional decidirá os gañadores do certame e entregará premios en cada categoría.
As prazas para participar no certame son limitadas, polo que será necesario realizar unha inscrición previa. Esta poderá ser realizada no teléfono 982560162 ou no correo electrónico rbg.cultura@viveiro.es. Deberán facilitarse os seguintes datos: nome, apelidos, idade, teléfono de contacto, canción que se cantará e autoría da mesma. ...
leer másAs celebracións comezarán este xoves, 1 de agosto, coa inauguración da Feira da Cervexa Artesanal de Viveiro nos xardíns Noriega Varela, a colecta da AECC en diferentes puntos da vila, a exposición de indumentarias do Camiño de Santiago na Biblioteca Municipal, e o comezo da XLIV Mostra Folclórica Internacional na praza maior.
A alcaldesa María Loureiro destaca "a aposta polos grupos locais e do Conservatorio de Viveiro nas festas”. O 9 de agosto celebrarase unha emotiva homenaxe a Óscar Fernández, músico e profesor do Conservatorio falecido o pasado mes de outubro e moi querido en Viveiro.
Nos días seguintes haberá tamén diversos concertos, exposicións, eventos deportivos e outras actividades. O 14 de agosto terá lugar a lectura do pregón no balcón da Biblioteca Municipal, dando paso aos días grandes das festas...
leer másEste domingo, día 4 de agosto, ás 11:00 horas haberá en Viveiro unha marcha de 5 quilómetros, con saída dende Fonte de Covas e chegada na Praza do Náufrago, en Celeiro, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro en Lugo.
A organización anuncia que “ao finalizar a marcha obsequiarase aos asistentes cun tentempé e todo o recadado neste evento irá destinado a seguir mellorando a vida dos pacientes con cancro e as sÚas familias, e impulsar a investigación oncolóxica para conseguir un 70 por cento de supervivencia no ano 2030. ¡Inscríbete en https://enmarcha.contraelcancer.es/.../viveiro-en-marcha... e disfruta...
leer másCARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 2 DE AGOSTO
DEL VIERNES 26 DE JULIO AL VIERNES 2 AGOSTO
-Del revés 2 – 18:15 horas
-Padre no hay más que uno 4 – 21:00 horas
-Deadpool y Lobezno – 18:00 y 21:00 horas
-Fly me to the moon – 21:00 horas
-Gru 4 mi villano favorito – 18:30 horas
Viveiro acollerá o día 8 de agosto, xoves, a VIII Carreira Popular de Viveiro #TodosConAdry, que servirá para homenaxear ao atleta Adrián Ben no marco das Olimpíadas de París 2024.
O día 8 desde ás 20:00 horas na Praza Maior celebraranse as carreiras nas categorías Pitufos (2017 e posteriores); Sub10 (2015-2016); Sub12 (2013-2014); Sub16 (2009-2010); Sub14 (2011-2012), e Absoluta (2008 e anteriores).
A alcaldesa, María Loureiro, convida á veciñanza "a participar neste evento, que conta con categorías para todas as idades co obxectivo de promover o deporte para toda a familia".
Loureiro quixo desexar "todos os éxitos a Adrián Ben nesta nova cita olímpica, na que de seguro fará, como sempre, unha actuación espectacular".
Máis información en...
leer másViveiro acollerá no Campo de Fútbol de Celeiro o Festival dos 80s e 90s.
O evento comezará ás 20:00 do domingo, día 28 de xullo, dando paso a 7 horas de espectáculo con música en directo, DJs, xogos, concursos e moito máis.
As entradas están dispoñibles no restaurante O Muro, en Gato Pardo CulturPub e na web festivaldelos80alos90.com
O Concello de Viveiro foi o escenario da presentación da Mostra Folclórica Internacional, que se celebrará do 1 ao 4 de agosto. A mostra cumpre este ano a súa 44ª edición e recibirá de novo agrupacións de varios continentes.
“Quero agradecer o traballo de Bágoas da Terra e da súa presidenta, Mari Carmen González López, Chipe, por todos estes anos de traballo nun evento que é un referente cultural en Galicia”, asegurou a alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, nunha presentación á que tamen asistiu a concelleira de Cultura, Lara Fernández Fernández-Noriega.
O Concello destaca que este evento “posiciona a Viveiro como un referente cultural, con amplo recoñecemento internacional xa que pertence ao CIOFF (Consello Internacional de Organizacións de Festivais de Folklore e das Artes Tradicionais), integrado na ONU-Unesco...
leer másCeleiro, no concello de Viveiro, celebrará as súas festas patronais do 25 ao 28 de xullo.
As actividades comezarán este xoves 25, Día de Santiago Apóstolo, ás 11:30 horas co chupinazo. Ás doce do mediodía celebrarase misa cantada pola Coral Polifónica Alborada, de Viveiro, e despois haberá procesión coa Banda Naval ata a capela de Santa Ana. Ás 13:00 horas terá lugar un pasacalles e ás 14:00 horas empezará a sesión vermú co grupo Talismán, que tamén actuará na verbena xunto a Discomóvil Nightwave.
O venres 26, Día de Santa Ana, ás doce do mediodía haberá procesión acompañada pola Banda Naval e a continuación celebrarase unha misa cantada polo Coro de Covas. Ás 13:00 horas empezará un pasacalles a cargo de Bágoas da Terra, de Viveiro, e a partir das 14:00 horas será a sesión vermú co grupo Ritmo, que tamén actuará...
leer másO Concello de Viveiro presentou este venres a súa nova APP, que permite experiencias inmersivas en 3D coa recreación das tres portas desaparecidas da antiga muralla: a das Angustias, a de Santa Ana e a de San Antonio. Na presentación estiveron a alcaldesa e responsable da área de Turismo, María Loureiro; Carlos Nuevo, cronista oficial de Viveiro, que aportou documentación e datos ao proxecto; o arquitecto municipal, Santiago Meitín, e a técnica da oficina de Turismo, María San Isidro, que tiveron un papel importante no proxecto.
“Un novo paso para ofrecer servizos dixitalizados e de calidade aos nosos veciños e veciñas, en primeiro lugar, e tamén a todas as persoas que nos visitan durante o ano”, explica María Loureiro.
O Concello acadou unha subvención, tramitada pola Xunta no marco do Plan de recuperación,...
leer másCARTELERA DE CINES VIVEIRO HASTA EL 25 DE JULIO
DEL 19 AL 24 DE JULIO
-Padre no hay más que uno 4 – 18:30 y 21:00 horas
-Del revés 2 – 18:30 horas
-Un lugar tranquilo: día 1 – 21:00 horas
-Gru 4. Mi villano favorito – 18:30 horas
-Fly me to the moon – 21:00 horas
JUEVES 25 JULIO
-Del revés 2 – 18:15 horas
-Padre no hay más que uno 4 – 21:00 horas
-Deadpool y Lobezno – 18:00 y 21:00 horas
-Gru 4. Mi villano favorito – 18:30 horas
-Fly me to the moon – 21:00 horas












