Festas en Alfoz. Os días 21 e 22 de xaneiro celébranse na parroquia de Lagoa na honra de San Vicente e o 21 en Carballido en honor a San Sebastián.

Festas en Alfoz. Os días 21 e 22 de  xaneiro celébranse na parroquia de Lagoa na honra de San Vicente e o 21 en Carballido en honor a San Sebastián.
 
Os días 21 e 22 de xaneiro teñen lugar en Lagoa, no concello de Alfoz, as festas na honra a San Vicente.
 
O sábado 21 celébrase a Festa dos Callos, a partir das 21:00 horas, e instalaranse mesas con bancos para degustalos. Despois haberá verbena coa actuación da orquestra Capitol, e ao remate da festa unha queimada gratis para os asistentes.
 
O domingo 22, ás 13:00 horas terá lugar a misa solemne e procesión, e de seguido actuará o Trío Kalima. Instalarase un recinto cuberto con calefacción e haberá inchable gratuíto para os nenos.
E por outra banda, a parroquia de Carballido, tamén en Alfoz, celebra festas en honor a San Sebastián o día 21 de xaneiro.
 
O programa de festexos para ese sábado recolle misa solemne ás 13:30 horas, na igrexa parroquial de San Sebastián de Carballido situada no lugar de Barbeito.
 
Posteriormente haberá sesión vermú e festa-verbena co Grupo Fénix. Estas actuacións musicais terán lugar no restaurante A Naranxa con entrada gratuita.