Javier Castiñeira invita aos lucenses a participar na XII Festa do Berberecho, que se celebrará en Foz do 23 ao 25 deste mes.

Javier Castiñeira invita aos lucenses a participar na XII Festa do Berberecho, que se celebrará en Foz do 23 ao 25 deste mes.

 

O alcalde de Foz, Javier Jorge Castiñeira,invita aos veciños da capital da provincia a participar na décimo segunda edición da Festa do Berberecho, que se celebrará en Foz do 23 ao 25 deste mes e que foi presentada hoxe en Lugo. No acto celebrado na sede central da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo, tanto o rexedor municipal focense como o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos(ACIA) de Foz, José Carlos Paleo destacaron a gran vinculación existente entre a capital da provincia e o municipio focense.

Castiñeira explicou que "esta presentación en Lugo fíxose porque hai moita xente desta cidade que ten a súa segunda residencia en Foz, tamén son moitos os focenses que van de compras a Lugo e moitos os lucenses que disfrutan en Foz. Ademais as distancias cada vez son menores, porque a autovía fai que esteamos a menos dunha hora". Tamén destacou que "estamos nunha época moi boa para degustar o berberecho".

Ademais Javier Castiñeira e José Carlos Paleo agradeceron a colaboración da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalaría e Turismo de Lugo, que estivo representada polo seu presidente, Cheché Real, por ceder a súa sede para a presentación celebrada hoxe. Tamén deron as grazas polo apoio da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo, que estiveron representadas no acto pola delegada territorial, Raquel Arias, e pola vicepresidenta segunda, Lara Méndez, respectivamente.