Na XIV Festa do Polbo da Pedra de Xove prepararanse 1.500 quilos deste cefalópodo. O evento será o 2 de abril.

Na XIV Festa do Polbo da Pedra de Xove prepararanse 1.500 quilos deste cefalópodo. O evento será o 2 de abril.
 
Un grupo de hostaleiros de Xove organizan a XIV Festa do Polbo da Pedra, que terá lugar o 2 de abril en varios establecementos hostaleiros. 
Os organizadores sinalan que “xa imos pola XIV edición, o que quere dicir que esta Festa consolídase ano a ano, o que nos enche de orgullo. Para esta edición, que vai comezar ás 19:00 horas, ousexa, que a partires das 7 da tarde xa se vai comezar a repartir polbo, a organización dispón duns 1.500 quilos de polbo que vai ser preparado polos diferentes locais en multitude de variedades. Cada ano os distintos hostaleiros elaboramos diferentes  e novas receitas, co fin de sorprender aos visitantes, sen deixar tamén  de cociñar o polbo nas súas formas máis tradicionais”.
A organización deste evento corre a cargo dos seguintes establecementos: Cafetería A Roda, Pizzería A Fuga, O Refugio, Café-Bar Pepe, Cafetería-Pulpería Bar Cociña, Cafetería Centro Cívico, O Medulio, O Rincón de Nuria, Pizzería Onde Sempre e Restaurante Terra Mar. “Contamos tamén co importante patrocinio e colaboración  do Concello de de Xove. Tamén, durante a Festa, imos disfrutar da música tradicional de Saiñas de Xove, quenes coas súas gaitas e tambores van animar a xornada. Aproveitamos para animar e invitar a participar nesta Festa, a toda a xente de Xove, da Mariña e doutros lugares que queiran, nesta data, disfrutar dunha importante e agradable xornada gastronómica”, engaden os hostaleiros xovenses.