Na XXXI Feira do Bonito serviranse 2.800 quilos deste produto en tres preparacións: cocido, asado e en empanada. Será o 1 de agosto na explanada do porto de Burela.

Na XXXI Feira do Bonito serviranse 2.800 quilos deste produto en tres preparacións: cocido, asado e en empanada. Será o 1 de agosto na explanada do porto de Burela.
 
O barco museo Reina del Carmen acolleu esta mañá a presentación da XXXI Feira do Bonito de Burela, que terá  lugar o día 1 de agosto, organizada una ano máis pola Sociedade Cultural Ledicia e coa que colabora o Concello. Paralelamente, entre o 31 de xullo e o 2 de agosto celebrarase na nave de redes a feira de produtos artesanais e ecolóxicos Produart, que chega á súa décimo terceira edición. Agárdanse máis de 60 expositores, segundo deu a coñecer este mediodía o alcalde, Alfredo Llano.  
Na XXXIII Feira do Bonito consumiranse 2.800 quilos de bonito, cocido, asado e en empanada a un prezo de 8 euros por ración. O bonito comezará a servirse ás 14 horas, xusto despois do pregón. Á feira sumaranse as propostas gastronómicas dos restaurantes da localidade entre o 31 de xullo de o 2 de agosto, que terán o bonito e as súas distintas receitas como protagonistas.  O rexedor de Burela, presentou os dous eventos como unha maneira de impulsar un sector clave na economía burelense: “paralelamente celebramos os dous acontecementos, que son moi importantes para Burela, Produart coa Feira do Bonito e a Feira do Bonito con Produart. A Feira do Bonito representa perfectamente o que é o noso municipio. A pesca do bonito é algo tradicional que se fixo sempre, houbo costeiras extraordinarias dende hai moito tempo, o bonito é un peixe de referencia en Burela. Estamos dando produto a toda España, pescado da mellor maneira posible, artesanalmente, tal e como vimos facendo dende sempre, o que da unha garantía,  calidade e perfección no produto extraordinaria”.
Alfredo Llano dixo: “tratamos de promover, dar a coñecer e degustar o bonito a toda a xente que queira achegarse a Burela o 1 de agosto, coa intención de que saian contentos, de que coñezan as diferentes formas de preparar o príncipe azul. Nesta edición non soamente imos repartir bonito en bandexa a través da asociación Ledicia o día 1, senón que todos os restaurantes están de acordo en  preparar diferentes receitas de bonito durante o venres, o sábado e incluso o domingo. Así que a Feira do Bonito é moi importante o día 1, pero imos completala con actividades o venres e o sábado pola mañá. Ademais dos restaurantes, imos traer unha baixada de carrilanas pola rúa principal ata o porto. Tamén se vai traer unha actuación musical, a de Paula Rojo. Teremos xogos o sábado e verbena ese día á noite despois de xantar o bonito repartido entre a clientela que acuda. Isto é importante para a nosa economía, para dicirlle á xente que a nosa economía depende moito do produto que se está pescando, do bonito, e tamén queremos a través deste medio ensinar como debe ser e acoller á xente que queira participar, que estea asentada na comarca, en Asturias ou en toda a provincia de Lugo que veña aquí a pasalo ben ese día porque seguro que vai ter un bo recordo”.