
O Concello de Ribadeo organiza a segunda edición dos Encontros de Familias, que terán lugar os sábados 23 de maio, 6 e 13 de xuño.
A concelleira de Benestar Social, Saúde e Familia, Elena Sierra, explica que “os Encontros de Familia son un espazo para reflexionar e compartir experiencias. Nesta segunda edición contaremos coa colaboración da Asociación Guillem Veiga Iglesias”.
O programa deste 2026 inclúe tres encontros: 23 de maio, Comprender a conduta; 6 de xuño, Relacións e conflitos sociais; e 13 de xuño, Responsabilidade e autonomía.
Elena Sierra subliña que “nestes encontros reflexionaremos sobre a relevancia destes temas para mellorar a calidade de vida das nosas familias e velar tanto polo crecemento físico e cognitivo como polo benestar emocional e social das nosas crianzas”.
A edil ribadense engade que “estes encontros son gratuítos e terán prazas limitadas que serán reservadas por orde de inscrición. Para máis información as persoas interesadas poden contactar por telefono ou whatstapp no 672.98.64.76 ou no mail drogodependencias@ribadeo.gal”.
Os Encontros de Familias serán no Centro Sociocomunitario, sito na rúa Ibáñez (detrás do Concello) en horario de 11:30 a 13:30 horas.


