
Mondoñedo celebra as festas na honra de Santiago Apóstolo no barrio dos Muíños os días 25 e 26 de xullo, sábado e domingo desta semana.
As actividades comezarán o sábado ás 12:45 horas con misa e procesión co grupo de música tradicional Os Carricantos, de Mondoñedo. Desde as 14:00 horas haberá sesión vermú amenizada polo dúo Epo-K, que tamén actuará na verbena xunto ao grupo Pop Rock & Café con Leche.
E o domingo ás 14:00 horas comezará unha sesión vermú co dúo Principal.
Estes festexos están organizados pola asociación Barrio dos Muíños.


