
O Concello da Pontenova organiza un taller de conservas para este sábado, 5 de setembro, de 10:00 a 14:00 horas no local do CIT. As prazas son limitadas a 15 persoas e para participar hai que inscribirse a través do teléfono 982.34.22.77.
“Queres aprender a conservar os alimentos de forma segura, práctica e sinxela? O vindeiro 5 de setembro celebramos un taller no que aprenderemos diferentes técnicas de conservación, tanto prácticas como teóricas: conservas con azucre, agridoce, verduras ao natural... e moito máis! Unha oportunidade estupenda para aprender, compartir e aproveitar ao máximo os produtos da nosa terra”, explica o Concello da Pontenova.


