Aberta a inscrición para participar no XI Concurso de Karaoke de Xove, que terá lugar o 29 de decembro

Dentro do Programa de Nadal deste ano, un dos seus pratos fortes vai ser o Concurso de Karaoke, que celebra a súa XI edición o venres, 29 de decembro, no pavillón municipal de deportes.

Este Concurso presenta tres categorías: peques para menores de 12 anos; iunior de 12 anos ou máis e menores de 18; veteranos para maiores de 18 anos. As bases, ficha de inscrición e a relación de cancións para participar pódense consultar nas Oficinas Xerais do Concello, no Departamento de Cultura e na Web do Concello. Tamén podemos enviar toda esta documentación por email (Bases, Ficha de Inscrición e Relación de Cancións), se así nolo solicitan.

A inscrición neste Concurso, que xa está aberta, é de carácter totalmente gratuíta. A mesma pódese facer de varias maneiras, ben presencialemente nas oficinas do Concello, máis concretamente na oficina do Técnico Municipal de Cultura en horario de oficina, ou ben por teléfono, chamando ao Concello; neste segundo caso a documentación haberá que aportala con posterioridade. Para a inscrición só se esixe unha copia do DNI do participante se este é maior de idade e, se é menor, unha focopia do DNI do pai, nai ou titor/a do mesmo.

A inscrición vai estar aberta con carácter xeral ata o 28 de decembro. E o mesmo día de celebración do Concurso (venres 29) , en horario de 17:00 a 19:00 horas no pavillón municipal, para os que ainda queiran apuntarse.
En canto aos premios do Concurso, haberá 3 por categoría: dous premios á Mellor voz e 1 premio á Mellor caracterización 
PREMIOS:
Peques.
Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 60 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 60 euros
Iunior
Premio á “Mellor voz”: 2 premios de 90 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 90 euros
Veteranos
Premio á “Mellor voz” : 2 premios de 150 euros
Premio á “Mellor caracterización”: 150 euros
En total son 900 €uros en premios en metálico.

“É importante sinalar que o pago dos premios vaise realizar o mesmo día do Concurso, ao remate do mesmo; con isto queremos darlles facilidades aos premiados/as que veñan de fóra de Xove, para que non teñan que volver a desprazarse ata Xove para poder cobralo premio”, indican desde a organización.