Abismo Caracol chegará a Burela o 6 de maio con "Todo nunha noite". Manuel Manquiña e Ángela Andrada son os protagonistas.

Un salón. Dúas persoas. Unha actriz. Un director. Moito alcohol. Deus. O diaño. Unha proposta. "Todo nunha noite" é a nova montaxe de Abismo Caracol Teatro/Cine dirixida por Darío Autrán ("Salamandra", "Relatos negros", "El cuarto de Mona), que será interpretada por Manuel Manquiña e Angela Andrada o 6 de maio ás 21:00 horas na Casa da Cultura de Burela.

Sesenta minutos de risas, emoción e reflexión sobre a sociedade e as súas contradicións. Entradas xa á venda en https://entradas.ataquilla.com/.