A Adala representará o 2 de marzo na Casa da Cultura de Burela a obra "Elixir de Xuventude". A entrada é libre.

O vindeiro venres, 2 de marzo, ás 21 horas na Casa da Cultura de Burela, terá lugar a representación da obra "Elixir de Xuventude", a cargo do Grupo de Teatro A Adala, de Fazouro. A actividade enmárcase dentro da Programación Cultural do Concello de Burela. A entrada será libre e para tódolos públicos.

"Elixir de Xuventude" é unha obra cómica. Esta obra trata sobre a vida nun convento a onde chega unha novicia con gañas de modernizar a tenda  que hai no mesmo (novos produtos, novas receitas,…), pero dentro de tanta innovación entra no convento un ingrediente especial que revoluciona os efectos do elixir de xuventude, as ventas e a vida no convento. ¿Terá cabida tanta novidade ou haberá que volver a receita do elixir tradicional?