Alfoz acolle o 7 de novembro a representación de teatro familiar "A viaxe do Sr. López". Será na Casa da Cultura.

O salón de actos da Casa da Cultura de Alfoz acollerá este sábado, día 7 de novembro, ás 19:00 horas a representación de teatro familiar titulada A viaxe do Sr. López, a cargo de Produccións Teatrais Señor López, unha creación do actor, dramaturgo e docente Rubén Pérez.

É unha representación para todos os públicos, con entrada gratuíta e aforo limitado. Está organizada polo Concello de Alfoz coa colaboración da Deputación de Lugo.