Alfoz acolle o encontro teatral “O noso teatro” de Xesús Pisón e Manuel Lourenzo o 18 de agosto na Casa da Cultura.

O venres, 18 de agosto, terá lugar en Alfoz “O noso teatro”, un encontro teatral de Xesús Pisón e Manuel Lourenzo na Casa de Cultura ás 20.30 horas. O evento componse de diferentes partes que contan coa participación doutras figuras da cultura galega.

Primeiramente, a presentación do acontecemento teatral vai da man de Lionel Rexes. Seguidamente, terán lugar as lecturas dramatizadas dos protagonistas. Por unha banda, “Nai vella”, de Xesús Pisón, estará interpretada por Inma Orol e pola outra “Belicosario”, de Manuel Lourenzo, será exposta polo propio autor xunto a Pepa Lorenzo.

A terceira parte do evento incluirá un relato dos autores no que recorrerán co público os seus comezos no teatro. Finalmente, rematará co participación dos asistentes cun coloquio no que todos poden participar como broche de ouro.