A asociación Saíñas, de Xove, celebra o seu 40 aniversario co XXXVII festival San Bartolo o 19 de agosto e cunha exposición.

A asociación cultural Saíñas, de Xove, celebra o seu 40 aniversario coa celebración da XXXVII edición do festival folclórico San Bartolo e cunha exposición.

O festival será este sábado, 19 de agosto, ás 20:00 horas no pavillón polideportivo de Xove e actuarán o grupo La Rotonda, de Viana de Cega (Valladolid) e a agrupación de Saíñas. A entrada é libre e gratuíta. Está organizado pola asociación cultural Saíñas coa colaboración do Concello de Xove e da Asociación de Festexos Montevelle.

A exposición sobre os 40 anos de Saíñas estará aberta ao público no salón de actos do Centro Cívico de Xove desde este mércores, 16 de agosto, ata o 3 de setembro.