Ata o 14 de decembro está aberto o prazo para participar no Concurso de Postais de Nadal 2023, que organiza o Concello de Burela

Poderán participar tódolos nenos e nenas do Concello de Burela en idade escolar, con postais de cartolina en tamaño 15x21cm pechada e 30x21cm aberta, de técnica libre.

Haberá catro categorías con tres premios cada unha: educación infantil, primeiro ciclo de primaria, segundo ciclo de primaria, e terceiro ciclo de primaria.

Os traballos deberanse enviar ata o día 14 de decembro ás 20:00, sen asinar e acompañados dun sobre pechado no que figuren os datos do autor ou autora, teléfono, colexio, curso e idade. Entregaranse na Biblioteca Pública de Burela. 

Os traballos serán expostos na Sala de Arte da Casa da Cultura dende o día 22 de decembro ata o 25 de xaneiro.