Ata o 23 de setembro está aberto o prazo de inscrición nas actividades deportivas para adultos que organiza o Concello de Alfoz.

Desde este luns 13 e ata o día 23 de setembro está aberto o prazo de inscrición para participar este curso nas actividades deportivas para adultos organizadas polo Concello de Alfoz: aeróbic, ioga, ximnasia de mantemento e baile.

As inscricións deben presentarse na Oficina de Rexistro do Concello, tendo en conta a orde de entrega para acceder ás prazas dispoñibles en cada modalidade deportiva. Os interesados en máis información poden chamar ao teléfono 982.558.001 (extensión 2).