Ata o 30 de setembro está aberto o prazo de inscrición no XII Encontro de Palilleiras, que terá lugar en Xove no mes de outubro.

O sábado 7 de outubro terá lugar no Concello de Xove o XII Encontro de Palilleiras. Con ánimo de que este encontro sexa unha demostración do encaixe de bolillos desde o Concello “invitamos a todas as asociacións de palilleiras e vendedores artesanais a que nos acompañen ese día”. 

O prazo de inscrición para participar estará aberto ata o día 30 de setembro e pódese facer a reserva a través das solicitudes que se atopan na páxina web do Concello de Xove www.xove.es e enviándoas por correo electrónico a encontropalilleiras@xove.es