A axencia Augasantas, de Ribadeo, organiza unha excursión a Vigo, para ver o seu alumeado de Nadal, e a Valença do Miño. Será o 21 de decembro.

A axencia de viaxes Augasantas, de Ribadeo, que dirixe o barreirense Adrián Expósito Dorado, organiza unha excursión a Vigo, para ver o seu alumeado de Nadal, e a cidade portuguesa de Valença do Minho. Será o día 21 deste mes, sábado.

A actividade inclúe o desprazamento en autocar, almorzo en ruta, comida e seguro de viaxe. Os participantes primeiro visitarán Valença do Minho, onde verán as diferentes actividades de Nadal que hai nesa cidade portuguesa (pista de xeo, Duendelandia, …) e comerán. Pola tarde noite estarán en Vigo para percorrer as rúas onde están os principais adornos do seu famoso alumeado de Nadal. O prezo é de 45 euros por persoa.

Para a reserva de prazas nesta excursión hai que dirixirse á axencia de viaxes Augasantas, que está no baixo número 6 das galerías San Francisco-Reinante, de Ribadeo, ou ben chamar aos teléfonos 676.445.465 ou 982.877.470.