A Biblioteca Municipal de Viveiro agasallará o Día das Letras Galegas ás usuarias e usuarios cunha bolsa conmemorativa.

O Concello de Viveiro anuncia unha das iniciativas que levará a cabo co gallo do Día das Letras Galegas que se celebra o vindeiro mércores, día 17, e que este ano rende homenaxe a Francisco Fernández del Riego. 

A axenda cultural da vila mariñá sempre inclúe nesta data unha ampla oferta de actividades e propostas para todas as idades, que comeza xa dende o luns cun xesto de agradecemento a todos aqueles viveirenses e viveirensas que fan uso da Biblioteca Municipal.

O concello quere recoñecer o labor dos seus usuarios e usuarios, consumidores habituais de literatura, moita dela en galego, cunha bolsa que inclúe a lenda: “Orgullo de ser Galeg@s e de Viveiro”. 

“Estamos moi satisfeitos do labor que se fai dende a Biblioteca Municipal para achegar á cultura a todas as casas da vila”, afirma a alcaldesa, María Loureiro. 

Dende o día 15, e ata esgotar existencias, todos os socios e socias da Biblioteca recibirán esta bolsa conmemorativa do Día das Letras Galegas, unha por abonado e abonada e totalmente de balde. Tamén recibirán o agasallo as novas altas.

“Queriamos poñer en marcha esta iniciativa a prol dos nosos usuarios e usuarias porque para nós é moi importante agradecerlles todo o apoio que nos brindan ao longo do ano e o viva que manteñen a Biblioteca”, subliña @ara Fernández Fernández-Noriega, concelleira de Cultura.

“Agardamos que as persoas que van a Biblioteca desfruten deste agasallo e que os novos usuarios e usuarias desfruten das súas marabillosas instalacións”, engade a concelleira, que adianta que en breve se dará a coñecer o resto da programación do Día das Letras Galegas, “que como sempre virá cargada de música, letras e teatro”.