Brais Lamela estará o 21 de xuño na Libraría Bahía, de Foz, para falar do seu traballo "Ninguén queda".

O vindeiro mércores, 21 de xuño, ás 20:30 horas estará na Libraría Bahía, de Foz, Brais Lamela para falar o seu traballo Ninguén queda.

Con esta obra Brais Lamela acaba de gañar o premio da crítica, que recae unha vez máis nun libro escrito en galego.

Trátase dunha obra que mestura crónica e novela. Unha xoia narrativa escrita arredor dos poboados de colonización da Terra Chá do franquismo, ocupados pola xente que tivo que deixar as súas casas na  montaña de Fonsagrada pola construción dun embalse. Este episodio está a ser investigado por  un rapaz novo que a día de hoxe está escribindo a súa tese na cidade de Nova York e que se obsesiona polo paradoiro dunha muller que aparece nos documentos e que logo desaparece sen deixar rastro.

A obra explora o desarraigamento, a colonización física e cultural, a  idea de pertenza e de fogar e a transformación de cultura e territorio.