Burela acolle do 1 ao 15 de febreiro a exposición sobre o documental Chicas Nuevas 24H, que se proxectará o 8 de febreiro

A sala de exposicións da Casa da Cultura de Burela acollerá o 1 ao 15 de febreiro a exposición sobre o documental Chicas Nuevas 24H, de Mabel Lozano. Poderá visitarse de luns a venres de 11:00 a 13:00 e de 18:00 a 20:00 horas.

O Concello de Burela explica que “esta exposición forma parte dun proceso de investigación e documentación de cara á concienciación e sensibilización para a prevención da trata de persoas con fins de explotación sexual. A directora e documentalista Mabel Lozano e o comisario Juan Nicolás crean esta exposición fotográfica cunha interesante selección de imaxes obtidas a través da viaxe-rodaxe do filme do mesmo nome”. 

Ademais o xoves 8 de febreiro ás 11:30 horas proxectarase o documental.
É unha actividade promovida pola Secretaría Xeral de Igualdade, da Xunta de Galicia.