Burela celebrará o Día Internacional da Muller o 9 de marzo cunha charla coloquio, coa lectura dun manifesto e cun xantar.

O Concello de Burela, a través da Delegación de Servizos Sociais e do CIM, organiza diversas actividades con motivo da celebración do Día Internacional da Muller. Terán lugar este sábado, 9 de marzo.

O programa comezará cunha charla-coloquio, que se celebrará a partir das 12:30 horas no salón de plenos da Casa do Concello. A actividade leva por título As mulleres movendo Burela a través do asociacionismo dende hai décadas e nela participarán as seguintes asociacións: Amas de Casa Praia da Marosa, que estará representada por Chicha Osés; Coral Polifónica de Burela con Toñita Baño; e Asociación de Redeiras Cabo Burela con María Jesús Alonso.

Ás 13:15 horas o alcalde de Burela, Alfredo Llano, dará lectura a un manifesto. E, ás 14:00 horas, dará comezo unha comida organizada pola asociación de amas de casa Praia da Marosa.