Burela promociona a súa pescada do pincho e bonito no Salón de Alimentación do Atlántico que se celebra ata o 9 de xuño en Silleda.

A Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo e Armadores de Burela promocionan os seus produtos pesqueiros máis representativos no Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, que se está celebrando na Feira Internacional de Galicia, en Silleda (Pontevedra).

Salimat constitúe o mellor espazo para promocionar os produtos artesáns, gourmet, ecolóxicos e innovadores, e, por iso, Burela participa un ano máis neste Salón Gastronómico.

Dentro do «Espazo Degustación» do Stand da Xunta de Galicia, e a campaña “O NOSO MAR, MARCA” a Consellería do Mar ten programadas diferentes catas e degustacións de produtos do mar de Galicia, entre os que destaca a Pescada do Pincho de Burela e o Bonito do Norte de Burela.

O venres ás 16:30h preséntase “Pescada do Pincho: a calidade captúrase con anzol”, que estará acompañada de viños da D.O. Valdeorras. O domingo ás 12:00h preséntase “Bonito do Norte: aquí facémolo Bonito”, acompañada de viños da D.O. Ribeira Sacra.