Burgo de Trasbar, en Cervo, organiza o IV Certame Literario das Letras Galegas. A recepción de traballos remata o 11 de maio.

A Asociación de veciños do Burgo de Trasbar organiza o IV Certame literario con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, co tema “Morriña”. 

As narracións deberán estar escritas en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara. Establécense tres categorías: infantil (ata 12 anos), xuvenil (de 13 a 18 anos) e adulto (maiores de 18 anos). Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cun sobre pechado onde figuren os seus datos persoais (nome, dirección data de nacemento e un teléfono de contacto). 

O prazo de presentación dos traballos rematará o xoves, día 11 de maio, debendo ser remitidos á seguinte dirección: Asociación de veciños do burgo de Trasbar, Local Social, Corral Grande, s/n, 27888 Trasbar, Cervo. 

O xurado seleccionará un traballo gañador por cada categoría. O fallo do xurado farase público o 17 de maio, durante o acto de entrega de premios (valorado en 100 € para cada categoría) que terá lugar no local social de Trasbar.

Desde a Asociación de veciños do burgo de Trasbar animamos á xente a que escriba e nos remita os seus traballos. 

As bases son as seguintes: 

1.- As narracións deberán estar escritas en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema que se propón a continuación: MORRIÑA.
     
2.- Cada autor pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles cun sobre pechado onde figuren os seus datos persoais (nome, dirección data de nacemento e un teléfono de contacto).

3.- Establécense tres categorías:
A)    Infantil: ata 12 anos
B)    Xuvenil: de 13 a 18 anos
C)    Adulto: maiores de 18 anos

4.- O prazo de presentación dos traballos rematará o XOVES, día 11 de maio, debendo ser remitidos á seguinte dirección: Asociación de veciños do burgo de Trasbar, Local Social, Corral Grande, s/n, 27888 Trasbar, Cervo. 

5.- O xurado seleccionará un traballo gañador por cada categoría. Cabe a posibilidade de outorgar accésits meritorios por idades que carecerán de contía económica. O xurado pode deixar deserto o premio en algunha das categorías por falta de calidade acorde a ela.

6.- O fallo do xurado farase público o 17 de maio.

7.- Os autores premiados recibirán un premio valorado en 100 €, acorde á súa categoría. Os premios entregaranse o mércores, día 17 de maio, no local social de Trasbar.

Máis información:
    burgodetrasbar@yahoo.es