A Casa da Cultura de San Ciprián albergará o 27 de agosto a presentación da novela "El verdugo de las almas perdidas", de Antonio Cazás Fernández.

A Casa da Cultura de San Ciprián acolle este xoves, 27 de agosto, as 20:30 horas a presentación da nova novela do autor Antonio Cazás: “El verdugo de las almas perdidas” (editorial Terra Ignota). Por mor do coronavirus, o aforo estará limitado. 

Esta nova novela de Cazás Fernández presenta o mundo policial dos anos 50 a través do comisario Negreira, desde un punto de vista humano e profesional, creado por o autor viveirense, e que bebe da novela clásica negra. Negreira súmase así a personaxes como Maigret de Simenon ou Hércules Poirot de Ágatha Christie. Ler “El verdugo de las almas perdidas” é como montar nunha montaña rusa emocionante e palpitante que desexas acabar, pero cando chegas ao final, quererás montar de novo.

Esta actividade conta coa colaboración do Concello de Cervo.