Cervo celebra as Letras Galegas con varias actividades os días 17 e 19 de maio.

Cervo celebra as Letras Galegas con varias actividades os días 17 e 19 de maio. 

Mañá, día 17, ás 12 do mediodía na Praza do Souto terá lugar unha lectura da viva e obra de Francisco Fernández del Riego; despois actuará o grupo Cordenaia; e  haberá a representación teatral de “Asdomare”, a cargo de Rilo & Penadique. Estas actividades están organizadas por Airiños do Xunto coa colaboración do Concello de Cervo. 

Xa pola tarde ás 18:00 horas na Escola de Rúa actuarán os Acordeonistas da Mariña. Organizan: As Espalladoras. Colabora: Concello de Cervo. 

E xa o venres, día 19, a Casa da Cultura de San Ciprián acollerá unha charla sobre Del Riego na que participarán Paco Rivas e Bernardo Penabade. Tamén será presentado o poemario “Posdata: Quérote”, de Paco Rivas, seguido dunha lectura poética.